Friday 03 de May de 2024

Adiántase a batucada feminista polo 8-M na Pobra


O Día Internacional da Muller conmemórase no 8 de marzo, data arredor da cal a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), configura unha ampla programación dirixida a tódolos públicos, cunha especial énfase no ámbito educativo e social.

Entre as propostas atópase unha batucada feminista para o propio día 8, que se adianta para as 19.00 horas debido ás altas probabilidades de chuvia para o momento no cal estaba inicialmente prevista.

A saída efectuarase da praza Alcalde Segundo Durán para percorre-las rúas do núcleo urbano e concluír fronte á casa consistorial coa lectura dun manifesto. O itinerario contará co acompañamento de Axé Bahía Batucada.